2uS, un dos grandes grupos galegos, rematará en breve a gravación do seu segundo traballo nos Estudios Ancestral en Xustáns - Pontecaldelas. Durante esa derradeira sesión, Fernando e Pablo contarán con outros compañeiros como Marcos Vázquez nas percusións e Pablo Pérez no contrabaixo.
Na celebración deste último capítulo do seu novo disco, o próximo 30 de decembro no propio estudio de gravación, haberá ademáis unha cea que presentan neste vídeo e onde pode participar todo o mundo ata compretar o aforo.
Una estupenda oportunidade de despedir o ano con amigos e boa música.
